Publicidad:
Terra
La Coctelera

que vos parece?

Acordádesvos daquelas épocas nas que estabamos aínda todas e todos no Instituto de Ortigueira e se achegaba o Día das Letras GalegaS?? acordádesvos do que se facía?

Se non vos lembrades o conto aquí brevemente, íamos todos a xantar ao pinar de Morouzos, tortillas, empanadas, bebidas e tamén toallas, balóns e bañadores para pasar a mañá e a tarde tirados por aí..

Non sei como xurdiu o outro día, pero dicíamos de que podíamos facer esa xuntanza de novo, polo menos aos que lles interesa e aos que poidan asistir, este ano o 17 de maio cae nun sábado e é de supoñer que poñan festivo o venres 16..

Agora non sei se os do Instituto o seguirán facendo, pero isto non é exclusivo para os nados no '84, pode apuntarse toda a xente á que lle interese pasar un bo rato.

Qué vos parece esta idea?

un saúdo!

1984

pois a idea deste blogue naceu un par de horas antes da cea da xente nacida durante o 1984 de Ortigueira.

A fin é que teñamos un recuncho virtual onde "atoparnos", intercambiar ideas e propoñer as vindeiras ceas, festas ou excursións para a próxima vez, que será no 2009. Haberá que festexalo por todo o grande, xa que cumprimos un cuarto de século.

Para animar isto, vou propoñer unha votación para elixir a imaxe do título do blogue, esperamos a vosa participación:

vota por 1ª

1984.png 1984 image by Artemis0413

vota por 2ª

1984.jpg 1984 image by thrashtildeath1

vota por 3ª

1984_01.jpg 1984 image by _BIte_Meeh_

vota por 4ª

1984-1.jpg 1984 image by make_your_move
todas estas mensaxes as mandades por sms ao 1984, pero se non queredes gastar 1,05€ deixades un comentario e pista.

Podedes mandar un correo a: somosdo84@yahoo.es para avisarnos de cumpreanos da xente deste ano e así publicamos unha felicitación. Sempre e cando queirades e vos acordedes. Tamén podedes mandar o que queirades, queixas, opinións e dar ideas.

Un saúdo e até a próxima actualización..